Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Data: sábado 19 de decembro de 2009 ás 10:00 h

Contido: a Sociedade Galega de Educación Ambiental convoca a súa IX ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, onde entre outros puntos se procederá á renovación da Xunta Directiva.

Lugar:  local da SGEA sito na Travesía de García Prieto, nº 43 baixo.Santiago de Compostela

Ler máis...

 

Datas: 10, 11, 16 e 17 de decembro

Contido: celebraranse nos Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa o Obradoiro "Fogar Sostible". Nesta actividade falarase sobre como aforrar enerxía no fogar, como consumir dun xeito máis sostible e como xestionar os residuos entre outras cousas. Tamén levarase a cabo unha actividade sobre o consumo eléctrico e un obradoiro de elaboración de saquiños ambientadores contra insectos. Os asistentes inscritos entregaráselle un pack doméstico sustentable.

Lugar: Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.

Organizador: Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II  Comarca de Pontevedra (ADR).

Ler máis...

 

Datas: do 18/11/2009 ao 04/01/2010

Contido: A exposición mostra os distintos tipos de bosques da península, os seus habitantes e a influencia que teñen entre si. Un total de 38 instantáneas e os seus textos explican ao visitante como os seres que habitan os nosos bosques se relacionan entre si e como todos eles son importantes para manter o equilibrio deste hábitat.

Lugar: Castelo de Santa Cruz. Oleiros (A Coruña).

Organiza: CEIDA.

Ler máis...

 

Datas: 13,14 e 15 de novembro

Contido: O próximo mes de  novembro celebrarase a X edición do  Seminario de Entidades de Educación Ambiental.  Este ano, o seminario dedicarase á AVALUACIÓN DA CALIDADE dos programas de Educación Ambiental.O programa non está aínda pechado pero como adianto:

·          Este ano os anfitrións serán os educadores e educadoras da comunidade de Madrid, e a organización corre a cargo da AEA Madrid e o CENEAM.

·          Traballaremos sobre a avaliación da calidade en Educación Ambiental e aproveitaremos o encontro para adiantar as actividades da FEEA.

Máis información: podedes contactar connosco a través do formulario da páxina web ou do correo sgea@sgea.org

Ler máis...

 

OPORTUNIDADES PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL E O TURISMO

Datas: 12/11/2009 ao 13/11/2009

Contido: - Contribuír a posta en valor do patrimonio como elemento de estímulo da economía local rural e desenvolvemento turístico. Amosar as posibilidades do centro de interpretación como dinamizador do turismo e das boas prácticas na conservación do patrimonio. Capacitar a técnicos no desenvolvemento eficaz e avaliación de proxectos e equipamentos interpretativos de titularidade local.

Lugar: Castelo de Santa Cruz. Liáns, Oleiros (A Coruña).

Organizador: CEIDA.

PROGRAMA: http://www.ceida.org/files/formacion/CartelBalboa.pdf

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org