Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas: do 02/03/2010 ao 04/03/2010

Contido: - Contribuír á formación dos xestores de espazos protexidos de Galicia. - Reforzar a divulgación das políticas galegas de conservación. - Achegar a Galicia novos coñecementos, experiencias e boas prácticas desde o contexto internacional. - Apoiar o establecemento e desenvolvemento de iniciativas ou redes de colaboración dos espazos naturais de Galicia con espazos doutros países.

Lugar: Castelo de Santa Cruz, en Oleiros

Organiza: CEIDA.

Ler máis...

 

Datas: do03/03/2010 ao 05/03/2010

Lugar: Madrid

Contido: As IX Xornadas da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP), este ano co tema “Interpretación do Patrimonio e Turismo”, son un espazo de reflexión sobre o patrimonio como elemento común entre o turismo, como xerador de experiencias de calidade para as persoas visitates,e a interpretación, como instrumento de comunicación e xestión de valores patrimoniais. Un tándem necesario para a conservación, valorización e desfrute do patrimonio.

Están dirixidas a intérpretes do patrimonio, investigadores, docentes, profesionais do turismo e persoas involucradas no desenvolvemento local sostible.

Organiza:  Asociación para a Interpretación do Patrimonio, AIP

 

Ler máis...

 

Data: 05/03/2010

Contido: Nestas xornadas levárase a cabo unha conferencia e unha mesa redonda sobre as perspectivas actuais e futuras do Cambio Climático en Galicia tras o cumio de Copenhague.

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito en A Coruña.

Organizador: Observatorio do Litoral e Instituto de Medio Ambiente da UDC.

Ler máis...

 

Contido: O día 6 de marzo empezará o novo curso Competencias básicas en Climántica, do que xa se pode descargar o tríptico co programa, axenda e condición de inscrición. Este curso está especialmente centrado nas competencias básicas TIC e aprender a aprender e está inspirado no modelo de Aprendemos coas escolas Climánticas cuxa posta en común desenvolveuse o 6 de xuño de 2009. Diríxese preferentemente a 3º ciclo de Educación Primaria e 1º de ESO, e por tanto con aplicación práctica tamén en Pedagoxía terapéutica.

Lugar: Facultade de Físicas no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.

Organiza: Climántica, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Data de inscrición: Ata o 25 de febreiro de 2010.

Ler máis...

 

Datas: do 11/03/2010 ao 12/03/2010

Contido: - A importancia da acción local. Os concellos fronte ao cambio climático. - A educación, comunicación e participación fronte ao cambio climático.

Lugar: Castelo de Santa Cruz, Oleiros.

Organiza: CEIDA.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org