Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas: do 14/11/2009 ao 06/02/2010

Contido: Este curso universitario de posgrao consta de 120 horas (12 créditos) dos cales 36 son presenciais e as 84 restantes compútanse pola investigación. O curso estrutúrase en 10 seminarios distribuídos en 5 módulos presenciais que se desenvolverán na Facultade de Físicas no campus Sur da USC os sábados de 10 a 14 horas, cun descanso na metade da xornada.

Lugar: Facultade de Físicas no campus Sur da USC .

Organizador: Climántica, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Máis información: http://climantica.org/.

Ler máis...

 
O pasado 25 de agosto publicouse no BOE o Real Decreto de Recoñecemento de Competencias Profesionais adquiridas por experiencia laboral.

Como todos os documentos deste tipo, resulta especialmente "espeso" para moitas e moitos de nós; por ilo elaborouse un cadro resumen con algunhas aclaracións que poden ser de axuda para entenderlo, xunto cunha selección dos principais parágrafos.

Como probablemente sigan xurdindo dúbidas ao respecto, animamos a expoñelas e a establecer o debate sobre este tema.
Ler máis...

 

Data: o 27/05/2010

Contido: Incentivar a realización de proxectos de educación ambiental que brinden ao alumnado e a toda a comunidade educativa a posibilidade de descubrir e valorar o Patrimonio Natural de Galicia. Promover unha rede de centros de ensino que desenvolvan proxectos de educación ambiental a prol da conservación do patrimonio natural galego. Consolidar o Congreso como un espazo de participación e debate, reforzando o papel dos centros educativos como difusores dunha nova cultura ambiental na sociedade.

Lugar: CEIDA, Castelo de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña).

Organizador: CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

 

Ler máis...

 

Datas: 31 Outubro -1 de Novembro de 2009

PROGRAMA

Contido:  Amigos da terra presenta o Seminario O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable; un espazo orientado a dar resposta á crecente demanda da sociedade, que busca o xeito de implicarse nas posibles solucións existentes para pór freo á orixe do, cada vez máis acentuado, Cambio Climático.

Lugar: Centro As Corcerizas. Ourense

Organiza: Amigos da Terra

Ler máis...

 

O próximo mes de outubro celebrarase en Valencia o VI Seminario de Equipamientos de Educación Ambiental, centrado nesta ocasión en dous temas principais:

  • A investigación sobre a situación profesional dos equipamentos de Educación Ambiental
  • Calidade nos Equipamentos de Educación Ambiental

Ademais destas dúas liñas de traballo, realizaranse varias sesións de presentación de proxectos e experiencias:

  • Obxectivos e Retos futuros da FEEA
  • Os Centros de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana
  • Experiencias significativas de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana
Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org