Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas: 17, 18 e 23, 24 e 25 de abril de 2010

Lugar: Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Santiago De Compostela)

DATA LÍMITE INSCRICIÓN: 9 de abril 2010

Contido: Con frecuencia a Educación Ambiental e as técnicas participativas vense mutuamente con certa distancia. A participación activa dos/as destinatarios dunha actividade ou a implicación directa da cidadanía nos problemas ambientais resulta difícil de manexar optándose, demasiadas veces, por iniciativas que só xeran espectadores/as pasivos/as.

Porén, cada vez máis, evidénciase a necesidade de promover unha maior intervención das comunidades na xestión ambiental e a toma de decisións que vai parella; o Teatro Foro, pode ser unha excelente ferramenta para conseguilo.

Inscrición: www.sgea.org  Prazas limitadas

Organiza: SGEA

Ler máis...

 

Datas: do 12/04/2010 ao 23/04/2010

Contido: - Concienciación sobre a utilidade da Avaliación de Impacto Ambiental como instrumento de protección ambiental, non un mero trámite administrativo. - Pensamento crítico á hora de analizar posibles impactos e afectacións ambientais derivados das diferentes infraestruturas e instalacións. - Coñecemento das referencias legais que deben considerarse no momento de realizar un Estudo de Impacto Ambiental (EIA). - Capacitación para a realización de EIAs a escala individual en pequenas instalacións industriais, así como para a integración en equipos multidisciplinares na realización de EIAs de grandes infraestruturas e instalacións. - Coñecemento dos requisitos de aplicación en procedementos de avaliación de plans e programas (Avaliación Ambiental Estratéxica).

Lugar: Facultade de Bioloxía USC. Campus Sur, Santiago.

Organiza: Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

Ler máis...

 

Data: 19/04/2010

Contido: Dentro do II Ciclo Luns con Ciencia o relator: Juan Freire da Universidade da Coruña falará sobre a biodiversidade no medio mariño.

Lugar: Casa Domus- A Coruña.

Organizador: Museos Científicos Coruñeses e Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.

Ler máis...

 

 Datas: do 01/03/2010 ao 28/05/2010

Contido: O curso vai dirixido a estudantes, asociacións, técnicos de medio ambiente da administración publica ou entidades privadas, profesionais da enxeñería, arquitectura, urbanistas, xestión do territorio, mobilidade, calidade ambiental.

Lugar: On-line.

Organiza: Eco-unión.

Ler máis...

 

PROGRAMA INSCRICIÓN 

Os Encontros da SGEA son un intercambio de experiencias entre soci@s e simpatizantes que realizamos anualmente para visitar e coñecer un equipamento diferente, intentando diversificar ó máximo a situación xeográfica e os modelos de xestión dos mesmos.

Nesta ocasión a proposta lévanos ao sur, á cidade de Vigo, onde poderemos coñecer de primeira man os recursos interpretativos e educativos que recén están abertos ao público no Castro.

 

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org