Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas: do 13/10/2010 ao 27/11/2010

Lugar: CEDREAC. Cantabria.

Contido: - Comprender a importancia da planificación previa ao desenvolvemento dun proxecto. - Coñecer as fases máis importantes que se teñen que desenvolver para unha correcta realización de proxectos educativos. - Capacitar aos participantes no emprego de técnicas de análise e toma de decisións. - Valorar a importancia da avaliación nos proxectos.

Organiza: CEDREAC.

Ler máis...

 

Datas: saída o 11 de outubro, chegada o 16 de outubro de 2010

Lugar: Saída dende Sarria cara Compostela

Contido: As actividades do Camiño polo Pacto iniciaranse o luns 11 de outubro, e se fará coincidindo coa Semana Contra a Pobreza. A idea é simplemente que te unas se é que o teu camiño coincide co da fin da pobreza, e participes nas actividades que se irán realizando en cada etapa, có obxectivo de acadar a Sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza.

Organiza: Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.

Ler máis...

 

Lugar: Lleida.

Datas: do 06/10/2010 ao 09/10/2010

Contido: - Intercambiar coñecementos, resultados de estudios entre investigadores, técnicos e operadores. - Expoñer/presentar e debater as consecuencias dos últimos descubrimentos da investigación en produción agraria ecolóxica. - Debater sobre os métodos de transferencia e aplicación das innovacións tecnolóxicas aos operadores ecolóxicos, partes interesadas e outros representantes de entidades que apoian a AE. - Formular políticas a favor da produción agraria ecolóxica, en materia de calidade e seguridade alimentaria.

Organiza: SEAE.

Ler máis...

 

Datas: Antes do día 11 de outubro de 2010.

Contido: FUNDACIÓN MAPFRE convoca 75 axudas á investigación co obxecto de facilitar apoio económico para a realización de proxectos de investigación; entre as que se atopan e 20 axudas para Prevención e Medio Ambiente. As áreas e liñas temáticas sobre as que deberán versar os proxectos de investigación son as seguintes: Conservación dos recursos naturais, Aforro de enerxía, Prevención da contaminación ambiental e Educación medioambiental.

Destinatarios: Están dirixidas a investigadores ou equipos de investigación, do ámbito académico e do profesional, que desexen desenvolver programas de investigación nas áreas mencionadas, de forma independente ou no marco de universidades, hospitais, empresas ou centros de investigación aos que estean adscritos. O ámbito da convocatoria estendese a España, Portugal e os países de Iberoamérica.

Organiza: FUNDACIÓN MAPFRE.

 

Ler máis...

 

Datas: 05/10/2010 ao 17/12/2010

Lugar: Río Gafos.

Contido: Durante o 4º trimestre deste ano 2010 Vaipolorío levará a cabo unha serie de actividades para celebrar o seu 10º ano de existencia. - Inauguración da Exposición de fotos "10 anos no Río Gafos. - Paseo botánico polo Río Gafos. - Impactos sobre os ecosistemas fluviais. - Observación de aves polo Río Gafos. - Os insectos do Río Gafos.

Organiza: vaipolorío.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org