SGEA - Novas de interese
Listado de novas:
5
|
Lugar: centro comercial e de Ocio ESPACIO CORUÑA
Datas: Entre o 8 e o 21 de novembro de 2010
Contido: diversas actividades incluídas dentro do proxecto Espazo para o Cambio, centrado en dar a coñecer as causas e consecuencias do cambio climático tanto a nivel global, como local, así como analizar as vías de participación da cidadanía na súa solución. Dentro desta iniciativa, que se desenvolve nun centro comercial coa calificación de sostenibilidade BREEAMS, inclúense diversas opcións para os visitantes como unha exposición divulgativa e cine documental de xeito continuo no centro, obradoiros para centros educativos, teatro científico, etc.
Organiza:Xunta de Galicia, Xacobeo, Ministerio de Ciencia e Innovación, e FECYT |
|
|
|
Lugar: Lugo e Outeiro de Rei
Datas: entre os días 12 e 20 de novembro
Contido: Coñecer as técnicas de produción ecolóxica de horta en Galicia. Coñecer dende un punto de vista moi práctico a produción ecolóxica galega. Dirixido a calquera tipo de público. As charlas se enfocan dende unha perspectiva moi dinámica, coa máxima participación das persoas asistentes, polo que o contido adaptase en grande medida ás inquedanzas formativas dos/as alumnos/as.
Organiza: Asociación para a Desintensificación no Agro |
|
|
|
Lugar: Casa da Cultura de San Sadurniño
Datas: 12 de novembro de 2010. dende as 09:30 ata as 21:00 horas
Contido: Estas xornadas, que terán sesión de mañá e tarde, pretenden dar a coñecer experiencias, analizar materiais e técnicas construtivas, entender o contexto normativo, e reflexionar e debater ó redor da ordenación territorial, do planeamento municipal, da rehabilitación de vivendas, da bioconstrución ou da sustentabilidade social, económica e ambiental.
Son unhas xornadas abertas a todos os veciños e veciñas, así como a traballadores/as e técnicos/as da construción, persoal da Administración pública, propietarios/as e persoas interesadas en xeral.
Organiza: O Concello de San Sadurniño |
|
|
|
 Lugar: Altafulla, Tarragona
Datas: 13 e 14 de novembro
Contido: A Sociedade Catalana de Educación Ambiental organiza cada dous anos o Foro de EA, un espazo de encontro para seguir renovando a educación ambiental ante os novos retos da sostibilidade. Este ano, coincidindo co 25 aniversario da SCEA, propoñen o reto de facer un Foro continuo no tempo, e que teña a posibilidade de recoller moitas máis achegas, tomando como marco principal a comunicación e a acción.
Organiza: SCEA |
|
|
|
Datas: do 05/11/2010 ao 15/11/2010
Contido: As presentes xornadas farán fincapé en determinados puntos como o medio natural, a xestión do territorio, mobilidade sustentable, urbanismo e paisaxe, xestión integral da auga ou actividades que provoquen impacto ambiental no territorio. As xornadas formativas continuarán ao longo do mes de novembro en Ordes: o 9 de novembro, ás 10 horas na casa rectoral de Beán e ás 16 horas no recinto feiral de Mesón do Vento e o 10 de novembro, ás 10 horas no centro social de Poulo e ás 16 horas na escola pública de Parada. A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe tamén celebrará unha xornada de recollida de propostas na casa consistorial de Ordes o vindeiro 12 de outubro durante todo o día. Con esta proposta outórgase un novo medio de expresión aos veciños, facilitando a entrega das súas propostas para ser consideradas no plan de ordenación. O 13 de novembro, ás 10 horas, realizaranse itinerarios guiados para mostrar os distintos tipos de usos de solo como o rústico, urbano ou de especial protección dentro do concello. Ademais, o 15 de novembro, ás 17 horas, terá lugar unha mesa redonda no Museo Juanjo Liñares, en Ordes, co fin de resolver dúbidas que quedaron pendentes nas anteriores xornadas formativas.
Organiza: Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. |
|
|
|
|
|
|