Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Lugar: Local de ADEGA. Travesa de Basquiños nº 9 Santiago de Compostela

Datas: 10, 18 e 24 de novembro

Contido:Son charlas que trataran temáticas relacionadas coa conservación e mellora dos ecosistemas fluviais e/ou sobre aspectos relacionados coas actividades a desenvolver no Proxecto Ríos. Estes cursos están destinados fundamentalmente aos grupos de voluntarios que participan no Proxecto Ríos aínda que están abertos ao público en xeral.

Ler máis...

 

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur)

Datas: 18 e 19 de Novembro

Contido: É obxecto da Escola de Outono que presentamos, abordar o concepto e o sentido da avaliación no eido da Educación Social. Concretamente, a avaliación naqueles espazos nos que as educadoras e educadores sociais temos máis presenza, construíndo un instrumento que axude a coñecer a fondo o funcionamento dos programas de intervención, das organizacións e das/os profesionais que os levan a termo, orientando así a toma de decisións para a mellora da calidade das intervencións.

Organiza: Colexio de Educadoras e educadores sociais de Galicia

 

Ler máis...

 

Lugar:Auditorio Municipal de Lalín

Datas:18 e 19 de novembro 2010

Contido:Un espazo no que debatir e aprender sobre ferramentas de planeamento estratéxico local sostible e participativo.

O programa trata de reunir unha serie de ponencias de contido relevante de cara a planificación local sostible e a participación que dunha forma dinámica inspiren e xeren interese, para enriquecer o debate entre a audiencia que será quen tire as súas propias conclusións e oportunidades de implementación no seu concello de orixe.

Organiza:Servizo de Promoción e Participación pola Sostenibilidade da Xunta de Galicia

Ler máis...

 

POR UNHA EDUCACIÓN PERMEABLE Á CULTURA POPULAR

Lugar: Allariz

Datas: 19 e 20 de novembro

Contido:Nesta quinta edición preténdese seguir afondando nalgunhas temáticas que inciden directamente no proceso de cambio que afecta ao medio rural desde hai xa varias décadas. Así, pulsarase a situación actual do medio rural galego, considerando diferentes indicadores e a súa repercusión na calidade de vida das persoas. Igualmente, debaterase sobre o sentido da educación neste contexto, poñendo o foco na análise crítica da ausencia da cultura popular nos proxectos educativos desenvolvidos en moitas das nosas escolas.


En liña coas conclusións aprobadas nos catro Encontros anteriores, serán presentadas as propostas e accións dos colectivos e organizacións comprometidos coa defensa da educación no rural, e dedicarase un espazo para a presentación de experiencias educativas, proxectos, recursos innovadores e/ou estudos e investigacións sobre distintos aspectos relacionados co medio rural.


Co obxecto de poñer en valor o potencial educativo do medio rural, aproveitaranse didacticamente as experiencias desenvolvidas en diferentes centros de Galicia, ao tempo que se buscará a perspectiva que, sobre a realidade actual da educación no medio rural, teñen diferentes especialistas e os principais partidos políticos do arco parlamentario.

Organiza: Nova Escola Galega

Ler máis...

 

Datas: do 08/11/2010 ao12/12/2010

Lugar: Pazo de Fonseca, Santiago de Compostela.

Contido: Enmarcada na celebración do 2010 como Ano Internacional da Biodiversidade, esta exposición é unha aproximación ao tema desde unha perspectiva vangardista e con elementos claramente novidosos, tanto en aspectos científicos como de exhibición. No primeiro caso, utilizando os últimos avances en investigación e uso internacional de datos de coleccións e, no segundo, deseñando elementos expositivos segundo ás concepcións máis innovadoras. A mostra integra exemplares faro das coleccións do Museo complementados coa observación e reflexión sobre a biodiversidade (xenética, taxonómica e ecolóxica), realizada a través de módulos interactivos (o túnel da biodiversidade) que permiten aos visitantes acceder a través da tecnoloxía ao coñecemento da variedade da vida (parede da biodiversidade).

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org