Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Data: do 31/05/2010 ao 30/06/2010

Lugar: Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela.

Contido: A exposición reflexa a través de 30 instantáneas, que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible, e as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos da asociación.

Organiza: Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).

Ler máis...

 

Data: 5 de Xuño

Lugar: Praza da Ferreiría. Pontevedra

Contido:A defensa dos bosques galegos e a súa fauna, serán a pedra angular deste encontro que terá lugar na cidade de Pontevedra o sábado 5 de xuño. `Naturaliza 2010´é o nome deste festival que servirá de precedente hacia futuras edicións.

Organiza: Verdegaia 

Ler máis...

 

Datas: do 04/06/2010 ao 06/06/2010

Lugar: Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño (Ourense).

Contido: O obxectivo deste evento é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir.

Organiza: Asociación Cultural Pepa Loba.

Ler máis...

 

Datas: do 01/06/2010 ao 04/06/2010

Lugar: Bruselas.

Contido: A 10 ª edición da Semana Verde, a maior conferencia anual sobre a política europea de medio ambiente, abordará este ano o tema da biodiversidade. Durante cerca de 30 sesións, a Conferencia abordará o estado da biodiversidade en Europa e no mundo, as presións que actualmente afectan á biodiversidade, os beneficios que trae, e as posibles solucións ás actuais taxas de perda. Tamén se examinará o camiño que terá que adoptar a diversidade biolóxica nas políticas post-2010 e a súa dimensión económica. A Semana Verde está aberta ao público e a participación é gratuíta, tamén ten unha área para expositores.

Organiza: Comisión Europea.

Ler máis...

 

Datas:28 e 29 de Maio

Contido:  Coñecer o programa MaB da UNESCO en España e o que supón unha declaración de Reserva da Biosfera. Servir de Foro de debate e promover o intercambio de experiencias e metodoloxías innovadoras levadas a cabo na Rede Española de Reservas da Biosfera.

Lugar: A Senra, Bergondo

Organiza: Asociación GDR As Mariñas

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org