Data: do 13 ao 15 de marzo de 2011
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e Aquarium Finisterrae (A Coruña).
Contido: Preténdese dar a coñecer os desafíos aos que se enfronta a conservación da riqueza da vida na Terra, tanto desde unha perspectiva global como facendo referencia a diferentes lugares emblemáticos do planeta. Así mesmo, preténdese divulgar actuacións e traballos de investigación que se están a desenvolver desde distintas institucións a prol da biodiversidade, así como amosar distintas ferramentas e instrumentos que nos capacitan para a conservación dos valores naturais e das áreas protexidas.
Organiza: CEIDA, Museos Científicos Coruñeses e o Concello da Coruña.