Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Vista en detalle da nova:

 

POR UNHA EDUCACIÓN PERMEABLE Á CULTURA POPULAR

Lugar: Allariz

Datas: 19 e 20 de novembro

Contido:Nesta quinta edición preténdese seguir afondando nalgunhas temáticas que inciden directamente no proceso de cambio que afecta ao medio rural desde hai xa varias décadas. Así, pulsarase a situación actual do medio rural galego, considerando diferentes indicadores e a súa repercusión na calidade de vida das persoas. Igualmente, debaterase sobre o sentido da educación neste contexto, poñendo o foco na análise crítica da ausencia da cultura popular nos proxectos educativos desenvolvidos en moitas das nosas escolas.


En liña coas conclusións aprobadas nos catro Encontros anteriores, serán presentadas as propostas e accións dos colectivos e organizacións comprometidos coa defensa da educación no rural, e dedicarase un espazo para a presentación de experiencias educativas, proxectos, recursos innovadores e/ou estudos e investigacións sobre distintos aspectos relacionados co medio rural.


Co obxecto de poñer en valor o potencial educativo do medio rural, aproveitaranse didacticamente as experiencias desenvolvidas en diferentes centros de Galicia, ao tempo que se buscará a perspectiva que, sobre a realidade actual da educación no medio rural, teñen diferentes especialistas e os principais partidos políticos do arco parlamentario.

Organiza: Nova Escola Galega



 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org