Datas: do 01/10/2010 ao 22/06/2011
Lugar: Oleiros, A Coruña.
Contido: 1. O mar e a costa, recursos valiosos para todos: Roteiros guiados polo tramo da Costa de Dexo, situado no Concello de Oleiros e visita o seu centro de visitantes. Dirixido a centros de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de Galicia.
2. A Illa de Santa Cruz, un rico patrimonio natural e histórico: Visita guiada á Illa de Santa Cruz: Farase un percorrido pola historia da Illa, resaltando os elementos arquitectónicos e as personaxes que se corresponden coas diferentes etapas históricas, e os elementos naturais máis sobresaíntes como as especies arbóreas do xardín, a vexetación autóctona, a riqueza ornitolóxica ou a orixe xeolóxica da illa. Actividades asociadas a exposicións temporais de temáticas ambientais. Visitas guiadas e talleres didácticos. Dirixido a centros de primaria, secundaria, bacharelato.
Organiza: CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.