Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Vista en detalle da nova:

 

A Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Sociedade Galega de Educación Ambiental presentan os libros resultantes do “Proxecto Fénix: Proceso de Diagnóstico e Actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental”.

Santiago, 6 de xullo de 2010.- O Director Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, e o presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), Pablo Meira, presentaron hoxe a publicación do Proxecto Fénix, un estudo diagnóstico da Educación Ambiental en Galicia.

Co obxectivo de actualizar os datos recollidos na Estratexia Galega de Educación Ambiental, dende o ano 2006, a SGEA, por encargo da Xunta de Galicia, desenvolveu un traballo de investigación que, lonxe de buscar unicamente un produto final en forma de documento, quixo abrir e consolidar canles de diálogo que contribuíran á colaboración e coordinación dos distintos sectores e axentes que operan no campo da Educación Ambiental en Galicia; isto é, un “proceso de procesos” que permitira poñer en marcha un novo marco estratéxico para a Educación Ambiental na nosa comunidade. Un dos resultados deste traballo de investigación e dinamización son as publicacións que se presentan.

Durante os anos en que durou o Proxecto Fénix –nome que designou este proceso de procesos–, recompilouse información procedente de Equipamentos, Empresas de Educación Ambiental, Sistema Educativo, Concellos e Grupos Ecoloxistas, actores cunha especial relevancia na promoción da Educación Ambiental na nosa comunidade. Así mesmo, realizáronse dúas enquisas a nivel galego a través das que poder avanzar no coñecemento da cultura ambiental da cidadanía galega.

A colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a SGEA continúa coa elaboración dun Mapa de Recursos de Educación Ambiental en Galicia que, esperamos, permitirá levar a cabo unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos cos que contamos, contribuíndo a unha maior visibilización e unha mellor coordinación dos mesmos.

Para máis información: Miguel Pardellas (618 86 86 12 / mpardellas@sgea.org)



 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org