Grupos de
traballo SGEA
Co obxectivo de dar cumprimento aos
fins definidos nos seus estatutos (Artigo 2. Fins e Actuacións),
a SGEA articula as súas actuacións a través de
Grupos de Traballo creados a tal efecto. Na actualidade, a SGEA conta
con tres grupos de traballo, aos que habería que sumar os postos
en marcha a través do Proxecto Fénix:
Axendas 21 Escolares
Retomamos o traballo desenvolvido
en relación á Educación Ambiental no Ensino Formal,
este é o noso ámbito de actuación, tanto no referido
a procesos específicos de Axendas 21 Escolares como a outras iniciativas
socioambientais en centros educativos.
Os obxectivos
iniciais do grupo son:
- Crear unha dinámica
de traballo que satisfaga @s participantes e que teña continuidade.
- Dar a coñecer as iniciativas
que hai en marcha.
- Promover procesos de Axendas
21 Escolares en Galicia.
- Favorecer a formación
das persoas interesadas.
- Crear e dispoñer dun
fondo de recursos.
- Promover o intercambio de
experiencias e coñecer casos prácticos.
Coordinador:
Camilo Ojea Bouzo camilourense@yahoo.es
Disporemos dun enderezo electrónico
para a comunicación interna. A través da lista de correo
da SGEA convocaranse as xuntanzas e informarase sobre as actividades desenvolvidas.
Profesionalización da Educación Ambiental.
Os obxectivos deste grupo de traballo están orientados cara o
análise da problemática laboral na EA, e o recoñecemento
e a mellora das condicións laborais e profesionais dos Educadores
e Educadoras Ambientais.
Os obxectivos iniciais do grupo son:
1º. Promover o Recoñecemento da categoría laboral
“Educador/a Ambiental”.
2º. Promover a aplicación dun convenio colectivo específico.
3º. Estudiar as condicións e necesidades formativas d@s
Educador@s Ambientais.
4º. Incentivar a contratación dos EA en condicións
salariais dignas e sempre cumprindo a legalidade laboral.
5º. Coordinación cos grupos estatais de Profesionalización.
A coordinación do grupo corresponde a Susana Soto susana@sgea.org
Equipamentos de Educación Ambiental.
A coordinación do grupo corresponde a Araceli Serantes
|